Nova: Cultura estuda novas vías de difusión da literatura galega co PEN Internacional
23/05/2016
Cultura estuda novas vías de difusión da literatura galega co PEN Internacional
Román Rodríguez reúnese coa súa presidenta , Jennifer Clement
Santiago, 23 de maio de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta tarde coa escritora mexica-americana e presidenta do PEN Internacional, Jennifer Clement, co fin de analizar o labor que esta organización desenvolve en Galicia e estudar novas vías de difusión da nosa literatura e do traballo dos autores galegos alén das nosas fronteiras.
Participaron tamén neste encontro o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director executivo do PEN Internacional, Carles Torner; e Xabier Castro Martínez, en representación do Centro PEN Galicia.