Nova: A sexta edición de Nethinking, trending topic en Twitter

28/05/2016

A sexta edición de Nethinking, trending topic en Twitter

Xornalistas, consultores, expertos, investigadores, artistas e educadores analizan estes días as claves da vida en rede

A presentadora de Cuatro Marta Fernández, os xornalistas e escritores Xosé Castro e Noel Ceballos e a escritora creativa Irene G. Punto son algunhas das novas voces que se unen a esta iniciativa promovida por Cultura e Educación

  • Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón
  • Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón
  • Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón
  • Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón Anxo Lorenzo, asistiu á nova edición do encontro Nethinking na Illa de San Simón

San Simón (Redondela), 27 de maio de 2016.- A sexta edición de Nethinking despídese hoxe da illa de San Simón cun grande éxito de audiencia. A retransmisión que se realiza a través de internet conseguiu ser durante a mañá do sábado a máis vista de toda España nese momento (cun 90% da audiencia total) e, ademais, o hashtag #Nethinking6, co que se están etiquetando todos os tuits que se refiren ao encontro, logrou situarse o venres pola tarde como trending topic, coándose entre as principais tendencias sobra as que se estaba debatendo na rede social nese momento.

Durante a mañá do sábado, Nethinking recibiu a visita de Anxo Lorenzo, en representación da Consellería de Cultura e Educación, quen mostrou o seu agradecemento aos participantes, de forma que o encontro "poida seguir facéndose polas vosas participacións". "Despois de seis anos, vendo en retrospectiva as conclusións dos primeiros anos ata agora, dá idea de moitas cousas -engadiu- e tal como está a evolucionar o ámbito dixital, cambiando moito, necesitamos todos referencias, reflexións e debates".

Os debates do sábado centráronse en "O internet das cousas", a capacidade de conectar todo a través de internet. Na charla participaron Julián Hernández, Pepo Jiménez e Eduardo Arcos, quen reflexionou sobre as vantaxes e desvantaxes que supoñen poder utilizar todo tipo de dispositivos enganchados á rede, desde unha neveira que nos avise cando non nos queda algún alimento para poder facer a compra ata os coches autónomos, que permitirán reducir o número de accidentes, ou os retretes capaces de analizar os ouriños e transmitir os resultados ao médico para que os analice.

Na segunda charla da mañá tamén se analizou a privacidade nas redes sociais, nunha charla na que participaron as xornalistas Marta Fernández, Carmela Ríos e Raquel Martos e na que volveron repetirse temas como a vixencia de Twitter e a súa inmediatez que a fan perfecta para os profesionais dos medios, ou a aparición de Snapchat e a forma na que utilizan os mozos os novos descubrimentos dixitais.

Como conclusión da sexta edición de Nethinking, o debate elixido foi o dos contidos e os formatos, do breve ao híbrido, coa participación de Miguel Ángel López (Hematocrítico), Irene G. Punto, Noel Ceballos e Xosé Castro. 

Comparte