Nova: Ultímanse os patrocinios da exposición de Xurxo Lobato no Gaiás

03/06/2016

Ultímanse os patrocinios da exposición de Xurxo Lobato no Gaiás

Cultura asina acordos con Gas Natural Fenosa e a Fundación Banco Sabadell para 'Rostros do país', unha escolma de fotografías de persoeiros e cidadáns que representan eidos claves de Galicia

O conselleiro enmarca os acordos na liña de captación de recursos privados para o financiamento das actividades do programa da Cidade da Cultura

O delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa e o presidente da Fundación Banco Sabadell sitúan os convenios no seu compromiso coa cultura galega

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou esta mañá na Cidade da Cultura un acordo de patrocinio coa empresa Gas Natural Fenosa e outro de colaboración coa Fundación Banco Sabadell O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou esta mañá na Cidade da Cultura un acordo de patrocinio coa empresa Gas Natural Fenosa e outro de colaboración coa Fundación Banco Sabadell

Santiago, 3 de xuño de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou esta mañá na Cidade da Cultura un acordo de patrocinio coa empresa Gas Natural Fenosa e outro de colaboración coa Fundación Banco Sabadell con motivo da exposición ‘Rostros do país’ do fotógrafo Xurxo Lobato, mostra que acollerá a Biblioteca e Arquivo de Galicia do 15 de xullo ao 18 de setembro.

Ao acto asistiu o delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa, Manuel Fernández Pellicer, e o presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molíns Nubiola, acompañado por Pablo Junceda Moreno, director xeral do Sabadell Gallego.

O conselleiro mostrou o seu agradecemento a Gas Natural Fenosa e Fundación Banco Sabadell polo seu apoio a un proxecto que ten entre os seus obxectivos ofrecer “unha escolma de retratos que constrúan unha imaxe dos talentos e capacidades de Galicia”. Pola súa banda, Manuel Fernández e Miquel Molíns enmarcaron estes acordos no compromiso de Gas Natural Fenosa e da Fundación Banco Sabadell coa cultura galega.

Román Rodríguez situou ambos convenios na liña de traballo que ten por obxecto a captación de recursos privados para o financiamento do programa cultural que se desenvolve na Cidade da Cultura de Galicia e na que se están a obter resultados moi satisfactorios, como acreditan as alianzas e apoios acadados nas exposicións levadas a cabo estes últimos anos.

Na exposición ‘Rostros do país’, o fotógrafo Xurxo Lobato presenta un ‘retrato colectivo’ de Galicia a través de 70 fotografías de gran formatado especificamente realizadas para este proxecto. Nelas aparecerán persoeiros recoñecidos e cidadáns anónimos que representan eidos claves de Galicia.

Comparte