Nova: Ortigueira acollerá de novo o Festival Internacional do Mundo Celta do 14 ao 17 de xullo

08/06/2016

Ortigueira acollerá de novo o Festival Internacional do Mundo Celta do 14 ao 17 de xullo

Declarado Festa de Interese Turístico Internacional conta con axudas da Xunta

  • “Non estamos a falar dun festival calquera, senón dunha manifestación como poucas dos valores culturais e da tradición popular”, asegurou o delegado territorial da Xunta “Non estamos a falar dun festival calquera, senón dunha manifestación como poucas dos valores culturais e da tradición popular”, asegurou o delegado territorial da Xunta
  • “Todos os que estamos aquí sabemos que o Festival de Ortigueira é máis que un festival, xa que hai moitos anos que deixou atrás esa denominación para converterse nun referente da unión de culturas a través da música”, matizou Calvo “Todos os que estamos aquí sabemos que o Festival de Ortigueira é máis que un festival, xa que hai moitos anos que deixou atrás esa denominación para converterse nun referente da unión de culturas a través da música”, matizou Calvo

A Coruña, 8 de xuño de 2016.- Presentouse a XXXII edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, declarado Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2005.

Durante o acto, ao que asistiron o delegado territorial da Xunta da Coruña, Diego Calvo e representantes do Concello de Ortigueira, da Deputación da Coruña e tamén patrocinadores e membros da organización, Calvo referiuse ao Festival como “algo grande, que basea a súa grandeza nun cartel de actuacións e actividades que mellora cada ano, no enclave paisaxístico onde se celebra e nunha traxectoria que arrancou no ano 1978 e que hoxe mantén a súa esencia”.

Por iso, insistiu en que “non estamos a falar dun festival calquera, senón dunha manifestación como poucas dos valores culturais e da tradición popular”, así como dun reclamo turístico que traspasa as fronteiras da provincia da Coruña, de Galicia e de España. “Todos os que estamos aquí sabemos que o Festival de Ortigueira é máis que un festival, xa que hai moitos anos que deixou atrás esa denominación para converterse nun referente da unión de culturas a través da música”, matizou Calvo, que lembrou tamén que a Xunta de Galicia colabora coa organización deste evento cunha achega de 40.000 euros.

Comparte