Nova: A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago deposita o seu fondo histórico no Arquivo de Galicia

09/06/2016

A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago deposita o seu fondo histórico no Arquivo de Galicia

Trátase do acto central co que se conmemora o Día Internacional dos Arquivos e inclúe a apertura dunha exposición temporal cunha escolma de documentos desta Real Sociedade

Román Rodríguez destacou no acto a importancia deste iniciativa para a salvagarda e difusión “da memoria dunha institución única para o estudo da historia de Compostela e Galicia”
 
  • Román Rodríguez destacou no acto a importancia deste iniciativa para a salvagarda e difusión “da memoria dunha institución única para o estudo da historia de Compostela e Galicia” Román Rodríguez destacou no acto a importancia deste iniciativa para a salvagarda e difusión “da memoria dunha institución única para o estudo da historia de Compostela e Galicia”

Santiago, 9 de xuño de 2016.- Co gallo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, o 9 de xuño, instituído pola Unesco hai 68 anos, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAP), Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez, asinaron hoxe no Gaiás a acta de entrega coa que se formalizar o depósito do arquivo desta Real Sociedade Económica de Amigos do País no Arquivo de Galicia.

Un depósito –explicou o conselleiro– co que se busca garantir a conservación dos documentos que compoñen o arquivo e a súa posta a disposición de investigadores e cidadáns, “salvagardando a memoria dunha institución única para o estudo da historia de Compostela e Galicia.” Cómpre lembrar que a Sociedade Económica foi o berce da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago –que co tempo se converteu en Caixa Galicia–, do Ateneo de Santiago, a Escola de Artes e Oficios, o Conservatorio de Música, a Escola de Debuxo e outras institucións académicas, benéficas e culturais.

A documentación da RSEAP resulta moi significativa para a investigación histórica pola súa permanencia e dilatada actividade. O fondo histórico depositado abarca un período cronolóxico de dous séculos, entre o 1784 e 1986, e está constituído por un total de 184 unidades de instalación, divididas en 177 caixas e 7 libros de actas, ademais de 35 carpetas de material gráfico. Os seus documentos aportan valiosa información para o coñecemento da historia de Galicia durante os séculos XIX e XX en diferentes disciplinas do saber como a agricultura a gandería, a prensa e a educación.

Xunto con este acto central, no que tamén participaron o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns Álvarez, e diversos membros da directiva da RSEAP, a programación conmemorativa arredor do 9 de xuño inclúe diversas actividades programadas nos distintos arquivos galegos dependentes da Xunta na capital de Galicia, na Coruña, en Vigo, en Pontevedra, en Lugo e en Ourense, que se poden consultar na Axenda de Cultura de Galicia, en cultura.gal. Xornadas de portas abertas, visitas guiadas, obradoiros didácticos, conferencias e iniciativas musicais, audiovisuais e teatrais son algunhas das propostas para poñer en valor e difundir entre a poboación o patrimonio documental galego.

Unha mostra sobre o RSEAP
Ademais con motivo deste depósito, o Arquivo de Galicia exhibe durante esta semana unha mostra na que se ofrece unha escolma documental deste fondo. En conxunto, os materiais seleccionados ilustran ao visitante sobre como foi a organización e cales foron as principais actividades desenvolvidas pola sociedade ao longo do tempo.

Os seus primeiros estatutos, o primeiro libro de contas, actas, memorias, estudos e informes sobre os avances máis salientables para a promoción da pesca, a agricultura, a industria ou o comercio, así como debuxos de profesores e alumnos da Escola de Debuxo ou fotografías da Escola de Música, constitúen o groso desta exposición temporal, que se pode ver na Aula 1 do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.

Un legado de gran alcance
O fondo depositado está composto, en primeiro lugar, polos documentos producidos polos órganos de goberno da Sociedade, como a Xunta Xeral e as diferentes Xuntas de Clases, constituídas coa finalidade de impulsar e executar as accións encamiñadas ao fomento da Agricultura, Gandería, Industria, Pesca, Comercio e mesmo a Clase de Socias de Honor e Mérito, destinada ao fomento da educación científica, artística e industrial da muller.

Ten especial importancia a documentación relativa ás Comisións encargadas da realización de informes, cos que se materializaban moitas actividades da Sociedade, e a través dos que se poden estudar os avances na agricultura, industria, oficios, etc. Trátase de informes sobre artes de pesca, a salgadura, novos métodos de curtir o coiro, sobre os lignitos das Pontes de García Rodríguez, a mellora do cultivo das vides, a creación dunha Caixa de Aforros ou sobre o Plan xeral de ferrocarril, entre outros.

Finalmente, cómpre salientar a existencia de 35 carpetas de material gráfico da Escola de Debuxo, formada por 176 obras orixinais realizados polos alumnos e profesores nas clases de debuxo artístico e lineal e por material escolar, gravado ou impreso, como láminas, libros de debuxo e cadernos de modelos.

Nova regulamentación dos arquivos
Ao abeiro do novo marco legal, a Lei 7/2014, do 26 de setembro, que define en profundidade os procedementos e funcións e atende, por vez primeira, os novos retos da administración dixital, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mellorou todos os servizos nos arquivos que dependen dela e que albergan e xestionan un máis de 105 de quilómetros lineais de documentación. Nestes arquivos desenvólvese un labor constante vinculado cos seus fondos documentais e co servizo que estes lles ofrecen á cidadanía e ás administracións.

Comparte