Nova: O Encontro Galego do Saxofón volve á capital galega

17/06/2016

O Encontro Galego do Saxofón volve á capital galega

Cultura repite o apoio a esta iniciativa formativa impartida por sete prestixiosos mestres do 17 ao 21 de xullo na Escola Municipal de Música

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse coa directiva da Asociación Sax Factory-Factoría Galega do Saxofón O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse coa directiva da Asociación Sax Factory-Factoría Galega do Saxofón

Santiago, 17 de xuño de 2016.- O Encontro Galego de Saxofón celebra este ano a súa duodécima edición co apoio da Secretaría Xeral de Cultura. O titular do departamento, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá coa directiva da Asociación Sax Factory-Factoría Galega do Saxofón, organizadora desta iniciativa de formación para soxofonistas e estudantes de saxofón que queiran afondar na técnica do instrumento.

O Encontro Galego de Saxofón fundaméntase no interese e na necesidade de coñecer, traballar e compartir as experiencias vitais e musicais máis variadas, nas que o eixo é unha formación de máxima calidade. Mestres de saxofón dunha dilatada experiencia e renome profesional e concertístico participan cada ano nesta iniciativa, xunto con novos valores que en anos anteriores asistiron como alumnos ao encontro.

Comparte