Nova: A Cidade da Cultura acolle unha nova reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia
23/06/2016
A Cidade da Cultura acolle unha nova reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia
Santiago, 23 de xuño de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presidiu hoxe a nova sesión ordinaria do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, que tivo lugar esta mañá na Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.
Actuar como órgano de información, consulta e asesoramento sobre as políticas bibliotecarias de Galicia, informar sobre a integración das redes de bibliotecas no Sistema Galego de Bibliotecas e promover a colaboración e a coordinación na política bibliotecaria das diferentes institucións con competencias en materia de bibliotecas son algunhas das funcións principais deste órgano colexiado consultivo da Administración autonómica.