Nova: As Xociviga renovan o seu compromiso co audiovisual galego

28/07/2016

As Xociviga renovan o seu compromiso co audiovisual galego

 A nova edición das xornadas de cine e vídeo de Galicia recoñecen este ano o labor de Mariana Carballal e Eduardo Galán

  • A nova edición das xornadas de cine e vídeo de Galicia recoñecen este ano o labor de Mariana Carballal e Eduardo Galán A nova edición das xornadas de cine e vídeo de Galicia recoñecen este ano o labor de Mariana Carballal e Eduardo Galán

O Carballiño, 26 de xullo.- As Xornadas de cine e vídeo de Galicia, Xociviga, celebran unha nova edición renovando o seu compromiso co audiovisual galego. Preto de 40 películas centran o programa desta iniciativa que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación e que en 2016 conmemora o centenario de ‘Mis Ledyia’.

Outro dos protagonistas das xornadas é Aurelio Pego, figura pioneira no ámbito do xornalismo cinematográfico galego e cuxa traxectoria se difunde a través dunha exposición que foi inaugurada esta tarde polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Xosé Enrique Acuña recupera a traxectoria deste coruñés, “co fin de nos achegar ao esquecido legado deste xornalista galego emigrado nos anos anos vinte do pasado século aos Estados Unidos, onde establecerá interesantes vínculos coas máis destacadas estrelas e produtoras de Hollywood, nas décadas douradas da considerada como a capital mundial do cine”, afirmou o secretario xeral durante a presentación da mostra, que se exhibe na sala de exposicións do auditorio municipal do Carballiño.

O concurso de curtas, os galardóns deste ano a Mariana Carballal e Eduardo Galán e a sesión Cine en Curso son algunhas das propostas que completan as novas edicións das xornadas.

Comparte