Nova: A II Festa da Caricatura galardoa a obra de António Santos e de Andrés Simal

29/07/2016

A II Festa da Caricatura galardoa a obra de António Santos e de Andrés Simal

Ambos foron os gañadores dos certames Juan Carlos Alonso e Álvaro Cebreiro, respectivamente, promovidos polo Club de Prensa de Ferrol co apoio da Consellería de Cultura

O secretario xeral de Cultura felicitou os premiados, cuxas obras foron recoñecidas “coa selección dos mellores ollos que temos en Galicia neste campo”, dixo en alusión ao xurado, integrado por David Pintor, Xaquín Marín e Siro López

  •  O portugués António Santos-Santiagu e o pontevedrés Andrés Simal González foron os gañadores da segunda edición da Festa da Caricatura Cidade de Ferrol O portugués António Santos-Santiagu e o pontevedrés Andrés Simal González foron os gañadores da segunda edición da Festa da Caricatura Cidade de Ferrol

Ferrol, 29 de xullo de 2016.- O portugués António Santos-Santiagu e o pontevedrés Andrés Simal González foron os gañadores da segunda edición da Festa da Caricatura Cidade de Ferrol, cuxos traballos resultaron premiados nos certames Juan Carlos Alonso e Álvaro Cebreiro, para maiores e menores de 20 anos, respectivamente.

Os dous galardoados recibiron hoxe os premios da II Festa da Caricatura, promovida polo Club de Prensa de Ferrol co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Durante o acto de entrega, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, felicitou os gañadores, “que poden dicir con orgullo que a súa obra foi premiada coa selección dos mellores ollos que temos en Galicia neste campo: nin máis nin menos que un xurado integrado por David Pintor, Xaquín Marín e Siro López”, afirmou.

Espazos de difusión para a caricatura

Anxo Lorenzo puxo de manifesto “a escasa atención que ten a caricatura no común dos certames culturais que promoven a expresión artística”, por iso afirmou que, “se xa a caricatura ten un enorme interese desde a perspectiva da arte e tamén da información, máis aínda o ten esta iniciativa en canto que non é frecuente que os debuxantes poidan atopar un espazo de difusión neste plano de concurso co que poñer en valor as súas obras”.

Tamén se referiu ao labor do Club de Prensa de Ferrol, “unha entidade sempre activa no plano da difusión da nosa cultura a través dos distintos modos de expresión, e con especial sensibilidade sempre para as artes visuais, sexa a fotografía ou a plástica”.

Recuperación de figuras clave

No ámbito da ilustración, a Secretaría Xeral de Cultura tamén está a impulsar xunto co Club de Prensa de Ferrol a difusión da figura e do legado artístico de José María Cao Luaces (Cervo, 1862), considerado o patriarca da caricatura arxentina.

Con este obxectivo, promoven desde o pasado mes de maio e ata finais deste ano unha exposición itinerante conformada por unha selección de obras do debuxante lucense, que se pode visitar actualmente e ata o 7 de agosto na sala municipal José Ángel Valente, en Ourense, e que ata final de ano chegará tamén a Vigo, Lugo, Melide, A Coruña e Cervo. A exposición acompáñase dun ciclo de conferencias impartidas polo xornalista e debuxante Siro López.

Comparte