Nova: Monforte de Lemos acolle a mostra Manuel María. Beleza, amor e compromiso

11/10/2016

Monforte de Lemos acolle a mostra Manuel María. Beleza, amor e compromiso

O secretario xeral de Política Lingüística achegouse á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, na que se pode visitar ata o luns 17, acompañado do rexedor municipal

As seguintes paradas do proxecto itinerante co que a Xunta de Galicia e mais a Casa-Museo Manuel María lle achegan á cidadanía a traxectoria vital e literaria do autor, serán Lugo, Ferrol e Ourense

  • O secretario xeral achegouse hoxe ao mediodía á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, na que se pode visitar ata o luns 17, acompañado do rexedor municipal O secretario xeral achegouse hoxe ao mediodía á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, na que se pode visitar ata o luns 17, acompañado do rexedor municipal

Monforte de Lemos (Lugo), 11 de outubro de 2016.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, achegouse hoxe ao mediodía ao concello lugués de Monforte de Lemos para facer unha visita institucional á exposición itinerante ‘Manuel María (1929-2004). Beleza, amor e compromiso’, que expón a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do 4 ao 17 deste mes, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2016 e da pertenza deste municipio á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Acompañouno o rexedor municipal, José Tomé.

García Gómez destacou na súa visita “a especial relación de Manuel María con Monforte de Lemos, localidade na que residiu tantos anos, que constiúe toda unha referencia na biografía do autor”.

Tres paradas máis ata final de ano

Dun xeito ameno e gráfico, a exposición aborda a personalidade do autor e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Faino a través de 10 paneis –elaborados a partir do material achegado pola propia Fundación Manuel María de Estudos Galegos–, que se complementan cun folleto informativo sobre a figura, a vida e a obra do escritor. A identificación do poeta coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios son algúns dos aspectos nos que afonda a mostra.

Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e mais pola Casa-Museo Manuel María, a mostra leva percorridos desde maio outros oito concellos (A Coruña, Outeiro de Rei, Vilalba, Santiago de Compostela, Marín, Noia, Pontevedra e Vigo) e rematará a súa itinerancia por un total de doce a finais de novembro con paradas en Lugo, Ferrol e Ourense.

Máis información, datas de itinerancia e materiais no enlace web do Portal da Lingua Galega http://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2016/contido_0556.html.

Comparte