Nova: Entrega do XII Premio Casino de Santiago a John Lanchester

03/11/2016

Entrega do XII Premio Casino de Santiago a John Lanchester

Lanchester recibiu este prestixio galardón no panorama literario nacional pola novela ‘Capital’

O Conselleiro de Cultura e Educación destacou a “tradición literaria” de Compostela, o carácter de institución cultural do Casino como “testemuña de incontables encontros entre lectores e escritores” e o valor da lectura como “vía de acceso ao coñecemento e mellora da capacidade expresiva”

 

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, presidiu esta tarde o acto de entrega do XII Premio Novela Europea ‘Casino de Santiago’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, presidiu esta tarde o acto de entrega do XII Premio Novela Europea ‘Casino de Santiago’
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, presidiu esta tarde o acto de entrega do XII Premio Novela Europea ‘Casino de Santiago’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, presidiu esta tarde o acto de entrega do XII Premio Novela Europea ‘Casino de Santiago’

Santiago, 3 de novembro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, presidiu esta tarde o acto de entrega do XII Premio Novela Europea ‘Casino de Santiago’, concedido ao escritor británico nado en Hamburgo, John Lanchester, pola obra ‘Capital’. Unha novela coral que narra as vidas cruzadas de diversos veciños dun barrio londiniense ao comezo da última crise económica.

Na súa intervención o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia fixo referencia ao favor maioritario do xurado deste premio, ao concitar o 41% dos votos a favor do galardoado. Unha valoración que concorda coa da crítica especializada, que presenta a ‘Capital’ como “a grande novela do Londres do século XXI.” Así mesmo, Román Rodríguez salientou “a tradición literaria” de Compostela, a importancia do Casino compostelán como institución cultural, “testemuña de incontables encontros entre lectores e escritores” e o valor da lectura como “vía de acceso ao coñecemento e mellora da capacidade expresiva.”

Ademais do conselleiro e o propio galardoado, no acto estiveron presentes o presidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, e o voceiro do PP no concello de Santiago, Agustín Hernández, entre outros.

Promoción da lectura e europeísmo

O xurado deste certame estivo conformado por lectores composteláns, socios do Casino e representantes de distintas institucións da capital galega. Persoas de distintas procedencias e gustos diferentes que leron con espírito crítico para escoller a novela gañadora deste prestixioso galardón no panorama literario nacional. Contribuíndo, deste xeito, á promoción da lectura e dos valores europeos.

O Premio Novela Europea ‘Casino de Santiago’ recoñece unha obra narrativa escrita en calquera lingua europea e publicada durante o ano anterior á convocatoria. As outras novelas finalistas nesta edición do premio foron O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba, como representante da novela galega; Intemperie, de Jesús Carrasco, que concursaba na categoría de novela nacional; así como El cuerpo humano, do italiano Paolo Giordano, e 14, do francés Jean Echenoz, no apartado internacional.
 

Comparte