Nova: A mostra Na procura do pasado percorre a historia de Ourense a través da arqueoloxía

30/11/2016

A mostra Na procura do pasado percorre a historia de Ourense a través da arqueoloxía

Instalada na sede de Afundación afonda nas relacións entre o Museo e a actividade arqueolóxica

  • O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Ourense inauguraron hoxe na sede de Afundación esta mostra que afonda nas relacións entre o Museo e a actividade arqueolóxica O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Ourense inauguraron hoxe na sede de Afundación esta mostra que afonda nas relacións entre o Museo e a actividade arqueolóxica

Ourense, 30 de novembro de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, inauguraron na sede de Afundación a mostra ‘Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense.’ A exposición ofrece un percorrido pola historia institucional do Museo Arqueolóxico Provincial e explica como a traxectoria está intimamente ligada á investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo do tempo nesta provincia.

O conselleiro explicou que se trata dunha mostra transcendental “para coñecer os vestixios monumentais dispersos pola xeografía ourensá e o labor dos sabios que traballaron na súa recuperación e catalogación.” Os responsables desta simbiose entre o desenvolvemento museístico e a actividade arqueolóxica foron, entre outros, os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que, co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.

Así, esta exposición pretende dar unha visión dos actores principais que impulsaron a práctica da arqueoloxía desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX. Rememorando o labor realizado por figuras da talla de Marcelo Macías, Arturo Vázquez Nuñez, Manuel Díez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Conde Valvis, Rubén García Álvarez, Manuel Chamoso Lamas ou Laureano Prieto, entre outros, “que contribuíron –en palabras do titular de Cultura– a que xeracións futuras poidan coñecer o pasado deste país aberto ao mundo no que viven.”

A exposición consta de fotografías destes persoeiros e de pezas arqueolóxicas directamente relacionadas coa súa actividade como o Guerreiro de Armeá, o Sedente de Xinzo, xoias de Regodeigón, a Tabula de Castromao, o Mosaico da Cigarrosa etc. Abondosas pezas procedentes dos fondos do propio Museo Arqueolóxico Provincial, fundamentais para o coñecemento histórico da provincia en épocas determinadas. A mostra pódese visitar na Sala de exposicións Afundación desde hoxe até o próximo 19 de xaneiro.

Comparte