Nova: Baile de Entroido no Gaiás para viaxar polas danzas do mundo

07/02/2017

Baile de Entroido no Gaiás para viaxar polas danzas do mundo

Pesdelán convida o 27 de febreiro A volta ao mundo en 80 Entroidos para viaxar polas tradicións do noso Entroido e polas de países con Brasil, Colombia, Portugal ou Perú co seu proxecto Entroidanzas

A sesión complétase coa participación de DJ Bigote Mix, que fará bailar aos participantes con músicas de todo o mundo destas datas

A entrada ten un custo de 3€ e xa están á venda desde hoxe no Museo Centro Gaiás e ataquilla.com (+gastos de xestión)

 

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017.- A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 27 de febreiro o seu tradicional Baile de Entroido cunha proposta moi viaxeira: ‘A volta ao mundo en 80 Entroidos’, dúas horas nas que adentrarse na tradición do noso Entroido e de diferentes países do mundo e bailar ao ritmo de DJ Bigote Mix as mellores cancións do Carnaval.

‘A volta ao mundo en 80 Entroidos’ terá lugar no Museo Centro Gaiás o vindeiro luns, 27 de febreiro. A partir das 17:30 horas, os participantes percorrerán o mundo descubrindo os diversos entroidos galegos e a celebración do Carnaval nos diferentes continentes a través da música e o baile. A primeira ruta estará a cargo de Pesdelán que, a través de ‘Entroidanzas’, un animado espectáculo de iniciación ao baile, grandes e pequenos descubrirán as músicas do noso Entroido e as de países como Brasil, Colombia, Portugal ou Perú.

Tras esta aproximación ás diferentes culturas, a festa seguirá con DJ Bigote Mix, que realizará unha sesión moi especial na que seguir gozando con todo tipo de músicas propias destas datas.

As entradas teñen un prezo de 3€ (4€ en billeteira a partir das 15 horas do día do evento) e xa están á venda desde hoxe no Museo Centro Gaiás e ataquilla.com (+gastos de xestión). Ademais, como todas as actividades da Cidade da Cultura, é posible acceder a diferentes descontos e ofertas, que poden consultarse en cidadedacultura.gal.
 

Comparte