Nova: Homenaxe a Eduardo Pondal en Ponteceso con motivo do 182 aniversario do poeta

08/02/2017

Homenaxe a Eduardo Pondal en Ponteceso con motivo do 182 aniversario do poeta

Alumnos e alumnas de educación primaria leron fragmentos da súa obra literaria

Ponteceso (A Coruña), 8 de febreiro de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe no acto de homenaxe a Eduardo Pondal na casa natal do escritor, en Ponteceso, con motivo do 182º aniversario do seu nacemento.

Para recordar o poeta, a fundación que leva o seu nome congregou esta mañá alumnos e alumnas de educación primaria de Ponteceso e de Meicende, que leron fragmentos da obra literaria do bardo de Bergantiños.

Os versos do poeta tamén soaron ao remate da celebración, coa interpretación conxunta do himno galego por parte de todas e todos os participantes.  

Comparte