Nova: Galicia homenaxea a Rosalía no seu 180 aniversario
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
19/02/2017
Galicia homenaxea a Rosalía no seu 180 aniversario
O Panteón dos Galegos Ilustres acolleu a celebración do Día de Rosalía de Castro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2017.- A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebrou no Panteón de Galegos Ilustres o Día de Rosalía de Castro, ante a aproximidade do 24 de febreiro, data de nacemento da escritora galega máis universal. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou neste acto.
Na Axenda de Cultura de Galicia pódense atopar todas as actividades - obradoiros, concertos, recitais poéticos, lectura colectiva das súas obras...- que ao longo desta semana se están a celebrar por toda Galicia.
Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega anima a festexar este 180 aniversario de Rosalía agasallando cun libro galego e unha flor.