Nova: O Gaiás dá a volta ao mundo en 80 Entroidos

27/02/2017

O Gaiás dá a volta ao mundo en 80 Entroidos

Na Cidade da Cultura déronse a coñecer as tradicións desta festa en diferentes partes do planeta

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu hoxe a ‘A volta ao mundo en 80 Entroidos’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu hoxe a ‘A volta ao mundo en 80 Entroidos’

Santiago, 27 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu a ‘A volta ao mundo en 80 Entroidos’, o tradicional baile co que a Cidade da Cultura de Galicia celebra o Entroido. A través desta actividade os asistentes puideron percorrer o mundo e coñecer os diferentes xeitos de celebrar estas festas tanto en diferentes localidades galegas como en países como Brasil, Colombia, Portugal ou Perú.

A primeira parte do baile estivo a cargo de Pesdelán que, a través de ‘Entroidanzas’, un animado espectáculo de iniciación ao baile co que o público descubriu músicas do Entroido de diferentes partes do planeta. A festa continuou con DJ Bigote Mix, con músicas propias destas datas. O conselleiro estivo acompañado na visita pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e pola directora de Acción Cultural, María Pereira Otero.

Comparte