Nova: O audiovisual galego celebra a súa festa na gala dos Premios Mestre Mateo 2017
05/03/2017
O audiovisual galego celebra a súa festa na gala dos Premios Mestre Mateo 2017
O conselleiro de Cultura asistiu á cerimonia que se celebrou no Palexco da Coruña e foi retransmitida en directo pola TVG
A Coruña, 4 de marzo de 2017.- A Academia Galega do Audiovisual celebrou no Palexco na cidade da Coruña a súa festa anual na gala dos Premios Mestre Mateo 2017, galardóns que cumprían nesta edición tres lustros.
Á cerimonia, que foi retransmitida pola TVG, asistiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
A Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, apoiou un ano máis a Academia Galega do Audiovisual (AGA) na organización destes premios e tamén dunha serie de actividades paralelas para reforzar o papel dos galardóns, que contribúen á proxección social da industria galega do cinema e da televisión.