Nova: A mostra O mundo nas mans amplía a súa estadía no Museo Pedagóxico de Galicia

11/03/2017

A mostra O mundo nas mans amplía a súa estadía no Museo Pedagóxico de Galicia

Santiago, 11 de marzo de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dado o interese e a demanda que suscita, acaba de prorrogar a permanencia da mostra ‘O mundo nas mans: Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX’ no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). A exposición, dedicada a esta rama da xeografía, fundamental para o estudo e coñecemento da Terra, poderá visitar neste centro museístico ata finais de 2017.

‘O mundo nas mans’, comisariada por Jesús Oitavén e Beatriz Seco, ofrece un total de 66 pezas engarzadas cun ameno discurso museográfico, amosando o valioso patrimonio histórico-educativo que alberga o este centro museístico, promovendo deste xeito a súa recuperación e difusión.

A mostra comeza nun andadeiro dedicado ás xeracións iniciais de xeógrafos e xeógrafas de Galicia, representadas por intelectuais como Domingo Fontán e a súa ‘Carta Geométrica de Galicia’ (1845) ou Francisco Xavier Río Barja, que realizou un mapa de Galicia en relevo (1985) como prototipo para uso didáctico. Esta última obra foi cedida polo propio autor á Consellería que, fiel ao seu legado, a conservou e agora a pon en valor.
 

Comparte