Nova: Víctor Freixanes, elixido novo presidente da Real Academia Galega
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
29/03/2017
Víctor Freixanes, elixido novo presidente da Real Academia Galega
O académico da lingua galega foi elixido para presidir a institución durante os vindeiros catro anos
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia congratúlase do nomeamento de Víctor F. Freixanes como novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O plenario da institución, reunido na sede coruñesa de Tabernas, elixiuno como sucesor do profesor Alonso Montero para os vindeiros catro anos.
É vontade da Xunta de Galicia renovar coa RAG unha relación institucional fluída e efectiva nas tarefas de defensa e promoción da lingua e cultura propias de Galicia, tal e como foi posible durante toda a presidencia de Xesús Alonso Montero. Con toda certeza este funcionamento útil e efectivo ha seguir incrementándose no transcurso do novo período que coa presidencia de Víctor F. Freixanes inicia unha das institucións galegas máis senlleiras e prestixiosas do noso país.