Nova: Os XXI Premios María Casares recoñecen a valía dos profesionais do teatro galego

29/03/2017

Os XXI Premios María Casares recoñecen a valía dos profesionais do teatro galego

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu cos profesionais do teatro galego a gala de entrega dos XXI Premios María Casares O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu cos profesionais do teatro galego a gala de entrega dos XXI Premios María Casares

A Coruña, 29 de marzo de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu cos profesionais do teatro galego a gala de entrega dos XXI Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O evento celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e a el asistiron tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o director da Agadic, Jacobo Sutil.

O conselleiro quixo felicitar a todos os que viron o seu traballo recoñecido ao seren nomeados a estes galardóns e salientou a valía de todas as candidaturas presentadas, candidaturas de 44 espectáculos e preto de 400 profesionais. Cómpre sinalar que, neste marco, entregóuselle tamén o Premio de Honra Marisa Soto ao dramaturgo e director Eduardo Alonso.

Información con todas e todos os gañadores, aquí.
 

Comparte