Nova: O VII Festival das Artes Escénicas de Riós recoñece a traxectoria de Morris

14/08/2014

O VII Festival das Artes Escénicas de Riós recoñece a traxectoria de Morris

O actor Antonio Durán Morris recibirá o premio Castaña de Cristal no festival, que tamén lle rende homenaxe a Carmen Avendaño e a Carlos Sobera

  • Cartel do VII Festival das Artes Escénicas de Riós Cartel do VII Festival das Artes Escénicas de Riós
  •  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou este mediodía en Riós na Ruta do Talento do VII Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou este mediodía en Riós na Ruta do Talento do VII Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel.
  •  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou este mediodía en Riós na Ruta do Talento do VII Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou este mediodía en Riós na Ruta do Talento do VII Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel.

Riós (Ourense), 14 de agosto de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou este mediodía en Riós na Ruta do Talento do VII Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel, que se desenvolve desde onte neste municipio ourensán, durante o que se homenaxeou a Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete-Integración, e o actor e presentador televisivo Carlos Sobera.

O director da Agadic foi o encargado de entregar a placa a Carmen Avendaño, quen bautizou co seu nome un dos castiñeiros milenarios entre os que discorre esta ruta. Sutil destacou o incansable labor da presidenta da Fundación Érguete a prol da rehabilitación e reinserción das persoas que se atopan en risco ou en situación de exclusión social, ao tempo que afirmou sentirse especialmente honrado de intervir neste acto simbólico para homenaxear “unha gran muller que para todos nós é un exemplo de loita, compromiso social e xenerosidade”.

Pola súa banda, César Fernández Gil, asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, presentou a Carlos Sobera, quen participou neste percorrido en lembranza do seu amigo e compañeiro Abelardo Gabriel, actor galego falecido hai catro anos. Esta nova edición da Ruta do Talento foi conducida polo antropólogo Manuel Mandianes e contou, ademais, coas intervencións do alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga, e do director do festival, Rubén Riós, ademais de coa actuación da cantante Lucía Pérez.

Audiovisual, humor e música
Organizado pola Asociación Cultural da Castaña, o Festival das Artes Escénicas de Riós deu comezo onte cunha xornada especialmente dedicada ao audiovisual galego coa proxección de curtas, web series e programas televisivos.

Esta sétima edición do encontro clausurarase esta noite cunha gala especial que terá lugar na praza do Concello a partir das 22.00 horas. Os humoristas Pedro Brandariz e Fran Rei, caracterizados como os ‘Dous pallasos en apuros’ dun dos seus espectáculos, serán os encargados de presentar este evento, dando paso a un dos famosos monólogos de Carlos Blanco. A achega musical virá da man do gaiteiro Óscar Ibáñez e de Lys Pardo, quen interpretará os temas do seu disco De familia, no que rende tributo ao seu pai, Juan Pardo.

Ademais, no transcurso desta gala farase entrega do premio Castaña de Cristal ao actor Antonio Durán Morris pola súa traxectoria profesional como un dos grandes nomes do teatro e o audiovisual galegos, ademais de estrearse o tráiler do filme ‘A esmorga’, produción de Vía Láctea Films dirixida por Ignacio Vilar.

Comparte