Nova: Eva F. Ferreira e Carolina Alba Castro reciben o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
06/06/2017
Eva F. Ferreira e Carolina Alba Castro reciben o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017.- Eva F. Ferreira e Carolina Alba Castro recibiron esta tarde o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de mans do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Tania Lombao, xefa de programación da Radio Galega, no marco do programa Diario Cultural da emisora pública. As dúas autoras foron as gañadoras do premio do xurado e do premio da audiencia polas obras O quinto inverno e Un bo final, respectivamente.
Ambos os traballos acaban de ver a luz nun libro-disco dispoñible na Libraría Institucional da Xunta de Galicia (www.libraria.xunta.gal) que inclúe tamén os outros dous traballos finalistas da décima edición do premio, Punto de vista, de Avelina Pérez, e Veos, de Ana Mª Carreira, e mais os audios coas adaptacións radiofónicas dos textos, que foron dirixidas pola actriz Marta Pazos. O garlardón, promovido pola Radio Galega, a través do programa Diario Cultural, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e O.U., está dotado con 3.000 euros para o premio da audiencia e con outros 3.000 para o do xurado, xunto coa publicación das obras dentro da colección do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.