Nova: A Xunta rehabilitará o lenzo da muralla de Lugo na zona de Clérigos

14/06/2017

A Xunta rehabilitará o lenzo da muralla de Lugo na zona de Clérigos

Estase a redactar un proxecto de intervención
 

Lugo, 14 de xuño de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a redactar un novo proxecto de intervención na muralla de Lugo, neste caso para rehabilitar un lenzo situado nas traseiras da rúa Clérigos.

Así o confirmou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que explicou que xa se tomaron as medidas necesarias para evitar calquera tipo de risco. Balseiro indicou que “a Xunta actuou de urxencia tan pronto como se detectaron problemas nese punto, poñendo os medios necesarios para que non se produciran desprendementos e, ao mesmo tempo, iniciando a redacción do proxecto de rehabilitación, que se tramita coa maior axilidade”.

O delegado asegurou que a Consellería “chequea constantemente o estado da muralla a través do contrato de conservación, programa anualmente obras de restauración, e tamén ten a capacidade de reaccionar con rapidez ante un imprevisto como o ocorrido na zona de Clérigos”.

Comparte