Nova: A banda infantil Luís Costa actúa en Tardes á beira do Avia

23/08/2014

A banda infantil Luís Costa actúa en Tardes á beira do Avia

O concerto forma parte da programación que se desenvolve no centro sociocomuniario, ao carón do río do mesmo nome

  • Banda infantil Luís Costa Banda infantil Luís Costa

Ribadavia (Ourense), 22 de agosto de 2014.- Dentro da súa programación especial de verán, denominada Tardes á beira do Avia' o centro sociocomuntario de Ribadavia está a desenvolver un programa de actividades de tipo cultural destinado os seus usuarios e publico en xeral, que se están a levar a cabo nas instalacións do propio centro, situado á beira do río que dá nome ao programa.

Esta actividade inclúe a proxección de varias películas de recoñecida sona, nas que a banda sonora orixinal é substituída pola interpretación da banda infantil de musica Luís Costa de Ribadavia
O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martinez, acompañado do xefe territorial da Conselleria de Traballo e Benestar, Jose Selas, quixo poñer en valor este programa de actividades de verán destacando o seu interese e importancia a prol da interrelación e mellora da comunicación entre a xente maior e xente nova. Martinez destacou que “a través dunha afección de grande arraigo en toda a comarca do Ribeiro, que se transmite, de avós a netos, favorécese o relevo interxeracional e o afecto pola interpretación musical a cargo das bandas de música”.

O programa cultural para este verán, xa contou anteriormente con outro concerto a cargo do grupo xuvenil de Boletus Love, tamén de Ridadavia, e contará a finais deste mes de agosto con outra representación a cargo da coral Ecos do Avia.

O centro de Ribadavia, enmárcase dentro da rede galega de centros sociocomunitarios dependentes da Xunta de Galicia e xestionados pola Administración Autonómica, a través da Consellería de Traballo e Benestar, dos cales 11 están situados nas principias capitalidades da provincia de Ourense. Estes centros, de carácter polivalente e abertos a toda a sociedade, cunha especial dedicación á prevención de dependencia, ofertan ós seus usuarios durante todo o ano actividades de exercicio físico e mantemento, de formación, ou de ocio e tempo libre.
Rogelio Martinez, felicitou á dirección e persoal do centro polo éxito desta programación especial de carácter cultural no período estival e agradeceu aos compoñentes da banda infantil de música “Luís Costa” a súa colaboración no desenvolvemento desta iniciativa.

 

Comparte