Nova: Daniel Minimalia estrea novo disco no Museo Centro Gaiás

27/08/2014

Daniel Minimalia estrea novo disco no Museo Centro Gaiás

O guitarrista ourensán presentará o 12 de setembro algúns dos temas do seu inminente traballo Arenas de luna a partir das 19 horas con entrada de balde

O single de adianto,Olas del sur, gravado con Rosa Cedrón na Cidade da Cultura, preséntase o vindeiro 8 de setembro

  • O guitarrista ourensán presentará algúns dos temas do seu inminente disco ‘Arenas de luna’ O guitarrista ourensán presentará algúns dos temas do seu inminente disco ‘Arenas de luna’
  • O guitarrista ourensán presentará algúns dos temas do seu inminente disco ‘Arenas de luna’ O guitarrista ourensán presentará algúns dos temas do seu inminente disco ‘Arenas de luna’

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014.- O músico galego Daniel Minimalia estrea o vindeiro 12 de setembro no Museo Centro Gaiás o novo disco Olas del sur. Será no marco dos últimos días da mostra ‘Auga Doce’, que pechará definitivamente as súas portas o domingo 14 de setembro tras seis meses de exposición ao público.

Daniel Minimalia subirá ao escenario do Museo Centro Gaiás o vindeiro 12 de setembro para presentar algúns dos temas do seu próximo disco, Arenas de luna. A partir das 19 horas e con entrada de balde, o guitarrista ourensán –catalogado pola crítica como o Mike Oldfield español- despregará toda a maxia da súa guitarra en temas como Olas del Sur, single de adianto do seu segundo traballo, que foi rodado xunto a Rosa Cedrón na Cidade da Cultura, onde se estreará o vindeiro 8 de setembro.

Ademais de descubrir a beleza da auga doce a través das obras de artistas do talle de John Constable, David Hockney, Gerhard Richter, Louise Bourgeois, Mario Merz, Martín Chirino ou Chema Madoz; os visitantes que se acheguen á Cidade da Cultura poderán gozar cos sons deste novisimo compositor e guitarrista galego, nominado aos ‘Hollywood Music Awards’, un dos certámenes musicais independientes máis prestixiosos do mundo.

Grande éxito de crítica e público
Daniel Minimalia, nado en Vitoria hai 28 anos pero criado en Ourense desde neno, editou en 2012 o seu primeiro traballo en solitario, Cuentos sonoros’co que cativou á crítica especializada e público ao mesmo tempo.

Cuentos Sonoros contén doce temas, todos compostos por este prometedor músico, que configuran a súa propia fantasía sonora. Desde moi novo aprendeu a tocar varios instrumentos –guitarra eléctrica, acústica, española, baixo eléctrico e piano-, o que lle permitiu realizar un traballo ecléctico que transita por xéneros diversos que van desde o clásico ao new age, a música étnica, o pop e a música de raíz, pasando polo rock sinfónico.

Todo un universo de melodías que narran pequenos relatos, historias que teñen a guitarra como actor principal, arroupada sempre por diversos instrumentos como o baixo, a batería, a percursión, a voz e o piano.

Comparte