Nova: Doazón do arquivo da Asociación O Penedo, Fogar Galego á Cidade da Cultura

27/08/2014

Doazón do arquivo da Asociación O Penedo, Fogar Galego á Cidade da Cultura

Os fondos documentais reflicten o traballo de promoción e difusión dos valores culturais e as tradicións galegas que fixeron os emigrantes desde a diáspora

  • Cidade da Cultura Cidade da Cultura
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe a acta de doazón á Cidade da Cultura do Arquivo da Asociación ‘O Penedo, Fogar Galego’, xunto á que fora presidenta da devandita asociación, xa extinguida, Iolanda Díaz Gallego O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe a acta de doazón á Cidade da Cultura do Arquivo da Asociación ‘O Penedo, Fogar Galego’, xunto á que fora presidenta da devandita asociación, xa extinguida, Iolanda Díaz Gallego

Santiago, 27 de agosto de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe a acta de doazón á Cidade da Cultura do arquivo da Asociación O Penedo, Fogar Galego, xunto á que fora presidenta da devandita asociación, xa extinguida, Iolanda Díaz Gallego.

No acto que tivo lugar na Aula 1 do Arquivo de Galicia, onde foron depositados os fondos, tamén estiveron presentes o delegado territorial do Goberno da Generalitat en Barcelona, Fernando Brea; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e os secretarios xerais de Política Lingüística e Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, ademais da subdirectora de arquivos, Marina García Pita.

Asociación O penedo, fogar galego
No ano 1983 un grupo de galegos e amigos de fóra de Galicia fundaron esta asociación, co fin de promover e difundir os valores culturais e as tradicións e da nosa terra, ademais doutros obxectivos como a solidariedade e a cooperación coa sociedade desde a súa sé en Barcelona. No ano 2009 e tras máis dun cuarto de século de actividade acordouse nunha xunta extraordinaria a súa disolución.

A súa xunta directiva, estivo presidida por Iolanda Díaz, desde o momento da súa constitución ata a súa disolución. Entre os seus presidentes de honra podemos destacar a Antón Gómez-Reino, o primeiro, e a última, Carmela Arias e Díaz de Rábago.

A partir do acordo de disolución constituíuse unha comisión para a liquidación dos bens, que segundo os seus estatutos deberían pasar á Federación e á Asociación de Entidades Galegas de Catalunya, pero finalmente as súas propiedades dividíronse entre varias institucións e asociacións e a documentación que xerou esta asociación ingresou provisionalmente no Arquivo de Galicia en xuño de 2014.

Composición e características do arquivo
O fondo arquivístico de O Penedo é un reflexo do que foi a devandita asociación dende a súa creación ata súa disolución. O seu interese ven determinado por diversos factores, entre os que destacan o ser un testemuño da actividade asociativa galega na diáspora,e o feito de que se conserve integramente, algo que desde o punto de vista arquivístico constitúe a súa principal calidade e de forma especial, porque son escasos os fondos documentais do século XX de carácter privado conservados en arquivos públicos de Galicia.

Os contidos do arquivo están compostos de nove caixas nas que se poden atopar fotografías de viaxes e diversos actos culturais durante diferentes anos, os dossieres de prensa, bandeirolas co escudo corporativo e correspondencia de distintos anos, así como varios exemplares de O Mencer, publicación periódica que facía a asociación.

Ademais, tamén se poden achar os libros de contas ou os de inventariado, as actas das asembleas ou os expedientes de constitución, estatutos e mesmo do rexistro correspondente da Generalitat.

Comparte