Nova: A pianista xaponesa Mine Kawakami ofrece un concerto na catedral de Santiago

28/08/2014

A pianista xaponesa Mine Kawakami ofrece un concerto na catedral de Santiago

O vindeiro ano actuará no Camiño Kumano, que ten vínculos de irmandade co de Santiago

  • A pianista xaponesa nun momento do concerto na catedral de Santiago A pianista xaponesa nun momento do concerto na catedral de Santiago
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe ao concerto que a pianista xaponesa Mine Kawakami ofreceu na Catedral de Santiago de Compostela O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe ao concerto que a pianista xaponesa Mine Kawakami ofreceu na Catedral de Santiago de Compostela

Santiago, 28 de agosto de 2014.- A pianista Mini Kawakami ofreceu un concerto na catedral de Santiago, ao que asistiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad.

A artista nipona interpretou pezas dos seus discos O meu camiño e Sonata Samurai . Kawakami ofreceu este concerto aos peregrinos que rematan o seu camiño na Catedral de Santiago e a todos os cidadáns da capital galega. De feito, a pianista viaxa con frecuenca desde hai anos a Compostela.

Precisamente, tras percorrer a ruta xacobea en 2010, xurdiu o álbum 'O meu camiño', que interpretará en 2015 no Camiño de Kumano, que ten un vínculo de irmandade co de Santiago.

Comparte