Nova: Desfile medieval da Festa da Istoria de Ribadavia

30/08/2014

Desfile medieval da Festa da Istoria de Ribadavia

Esta celebración está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

  • Festa da Istoria Festa da Istoria

RIBADAVIA (Ourense), 30 de agosto de 2014.- O tradicional desfile medieval da Festa da Istoria en Ribadavia, declarada de Interese Turístico de Galicia, tivo lugar esta mañá na localidade ourensá.

Con motivo da celebración da XXVI edición, o delegado territorial da Xunta en Ourense,  Rogelio Martinez, sumouse a este desfile.

A comitiva partiu dende o barrio de San Francisco e percorreu varias rúas do municipio entre as risas e os cánticos da multitude que se animou a participar. A fachada do castelo puxo o punto final ao itinerario deste tradicional desfile. A continuación, levouse a cabo a lectura do pregón que supuxo o comezo das distintas actividades e exhibicións que se prolongaron ao longo de toda a xornada.

Comparte