Nova: Compromiso coa Fundación Pondal de cara ao centenario da morte do poeta

17/09/2017

Compromiso coa Fundación Pondal de cara ao centenario da morte do poeta

Ovidio Rodeiro reitera o compromiso da Xunta coa Fundación Pondal de cara ao centenario da morte do poeta 

  • Eduardo Pondal Eduardo Pondal
  • Ovidio Rodeiro reitera o compromiso da Xunta coa Fundación Pondal de cara ao centenario da morte do poeta Ovidio Rodeiro reitera o compromiso da Xunta coa Fundación Pondal de cara ao centenario da morte do poeta

A Coruña, 17 de setembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, recibiu ao presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela, con que falou do presente e do futuro da entidade radicada en Ponteceso. Varela fixo especial fincapé nos actos de celebración do centenario da morte, que aínda que tivo o seu momento de máxima actividade no mes de marzo, séguense a desenrolar durante todo este ano.

Ovidio Rodeiro interesouse tanto pola repercusión dos homenaxes que se levan facendo desde primeiros de ano como pola parte da programación que aínda está por chegar. De feito, a Fundación marcouse como meta completar un cento de actos de lembranza e recoñecemento do bardo. Xosé María Varela invitou formalmente a Rodeiro a visitar a sede da Fundación Eduardo Pondal, situada na aldea do Couto, e a seguir afondando na figura do autor de Queixumes dos Pinos. O delegado territorial agradeceu a xesto e trasladoulle ao presidente da fundación o compromiso que mantén o Goberno galego coa institución.

 

Comparte