Nova: A obra de Antón Lamazares exponse na Galerie Richard de Nova York

23/09/2017

A obra de Antón Lamazares exponse na Galerie Richard de Nova York

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou a mostra do artista galego

  • Antón LAMAZARES - NICOLAI

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou en Nova York a exposición do artista galego Antón Lamazares na Galerie Richard desta cidade, onde permanecerá ata do día 30 de setembro.

A mostra Lamazares-Nicolai na cidade norteamericana comparte espazo coa obra do islandés Nicolai, unha relación entre dous artistas que se afianzou nos anos 80 a raíz da estancia de Nicolai en Galicia.

Deste xeito, a través das súas obras, o artista dezán leva por primeira vez a Estados Unidos o Alfabeto Delfín, unha lingua cifrada composta con 27 letras coas que crea símbolos que crava en cartón, a materia que emprega para os lenzos.

Na Galerie Richard de Nova York están expostas un total de 16 pinturas que seguen a mesma liña das que poden visitarse ata mediados de outubro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, baixo o título Lamazares. Flor Novoneyra.

 

Comparte