Nova: O sector editorial galego participa estes días na feira LIBER

05/10/2017

O sector editorial galego participa estes días na feira LIBER

O secretario xeral de Cultura apoia a participación das editoras galegas nesta feira internacional do libro

  • Anxo Lorenzo na Feira LIBER Anxo Lorenzo na Feira LIBER
  • Anxo Lorenzo na Feira LIBER Anxo Lorenzo na Feira LIBER
  • Anxo Lorenzo na Feira LIBER Anxo Lorenzo na Feira LIBER

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017.- O sector editorial galego participa estes días en Madrid na feira internacional do libro LIBER coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. Durante a xornada de apertura da feira, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou o stand de Galicia, onde as empresas galegas que asisten ao encontro están a realizar reunións comerciais na procura de novas oportunidades de negocio.

Ademais, o stand de Galicia exhibe a produción editorial dun total de 15 empresas galegas: Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Baía, KNS Edicións, Alvarellos Editora, Edicións Bolanda, Editorial Colex, Edicións Xerais de Galicia, MC Sports, Bululú, Catro Ventos, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións e Edicións do Cumio/Arnoia Distribución. Estas tres últimas entidades tamén contan con espazos propios na feira.

Comparte