Nova: A catedral de Santiago comeza a preparar o Ano Santo Xacobeo de 2021

16/11/2017

A catedral de Santiago comeza a preparar o Ano Santo Xacobeo de 2021

Xunta e Catedral dan a coñecer as obras de conservación e restauración a efectuar na basílica compostelá ata 2020

O conselleiro Román Rodríguez sinalou que o obxectivo das actuacións é chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar o Ano Santo Xacobeo

Daniel Lorenzo, presidente da Fundación catedralicia, anunciou a inminente edición dun boletín informativo sobre a marcha dos traballos e das súas posibles restricións, servizos do tempo, horarios, actividades etc

 

  • Fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela. Imaxe: Pixabay. Fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela. Imaxe: Pixabay.
  • O conselleiro Román Rodríguez sinalou que o obxectivo das actuacións é chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar o Ano Santo Xacobeo O conselleiro Román Rodríguez sinalou que o obxectivo das actuacións é chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar o Ano Santo Xacobeo
  • O conselleiro Román Rodríguez sinalou que o obxectivo das actuacións é chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar o Ano Santo Xacobeo O conselleiro Román Rodríguez sinalou que o obxectivo das actuacións é chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar o Ano Santo Xacobeo

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017.- A Consellería de Cultura e a Fundación Catedral de Santiago deron a coñecer esta mañá o programa detallado de obras de conservación e restauración da basílica compostelá, para a que se destinarán un total de 17 millóns de euros “co obxectivo ‒en palabras do conselleiro Román Rodríguez‒ de chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións de celebrar o Ano Santo Xacobeo”.

O representante da Xunta de Galicia, que tamén loou a iniciativa Descubrindo a catedral, presentada no mesmo acto, como un acerto da fundación catedralicia para informar puntualmente das novidades das obras a acometer e para descubrir as belezas ocultas do templo, asegurou que o proceso de restauración é unha oportunidade para dar a coñecer os seus valores e riquezas.

O programa de conservación e restauración ten as súas raíces nun traballo técnico rigoroso, o Plan Director, de 2010, arredor do cal xa se realizaron intervencións construtivas financiadas polo Ministerio de Fomento do Goberno de España, pola Xunta de Galicia, polo Consorcio de Santiago e pola propia Catedral, que agora se ven impulsadas polo convenio subscrito entre o Ministerio de Facenda e a Xunta, complementado co que permite desenvolver este entre a Xunta e a Fundación Catedral para executar inversións ata o ano 2020 por valor de 17 millóns de euros (dos cales algo máis de 15 millóns son para o período 2018-2020). Con anterioridade, desde hai 12 anos, a Fundación Barrié de la Maza financia a restauración do Pórtico da Gloria.

No que atinxe ao cronograma de obras, a directora xeral do Patrimonio, Carmen Martínez Ínsua, fixo un repaso polas xa acometidas entre 2013 e 2017, cun investimento de 9,2 millóns de euros e que abrangueron a Torre do Reloxo, a fachada da Acibechería, Pórtico Real, cubertas do Pórtico da Gloria e Torres da fachada do Obradoiro. Así mesmo deu conta de que están en execución as relativas ao ciborio, fachada do Obradoiro coa terraza e cripta, zócalos da capela Maior e cubertas da cabeceira. Así mesmo adiantou un plan de obras para o período 2018-2020. Neste senso explicou que en 2018 se efectuarán actuacións nas cubertas da nave principal e cruceiro, nas cubertas da ala norte do claustro, nas cubertas e fachada oriental do claustro e Torre do Tesouro, nos paramentos e bóvedas da nave central e transepto, paramentos verticais da xirola e capela do Cristo de burgos. Xa en 2019 acometerase a restauración do baldaquino, do Altar de Prata e do enreixado do Altar Maior, das pinturas do ciborio, transepto e capela Maior.

Comparte