Nova: A Ribeira Sacra, camiño da declaración de ben de interese cultural

29/12/2017

A Ribeira Sacra, camiño da declaración de ben de interese cultural

A Xunta publica no DOG a incoación do expediente para declarala ben de interese cultural na categoría de paisaxe cultural

É o paso previo e necesario para optar á inclusión da Ribeira Sacra na lista do Patrimonio Mundial

O conselleiro de Cultura destaca o esforzo do departamento de Patrimonio para que a Ribeira Sacra sexa BIC a finais de 2018, un ano antes do máximo previsto para a resolución deste tipo de expediente

 

  • Vídeo da rolda de prensa
  • Chouzán Chouzán
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral técnico, Jesús Oitavén e da directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, veñen de presentar esta mañá nun acto informativo a incoación como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral técnico, Jesús Oitavén e da directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, veñen de presentar esta mañá nun acto informativo a incoación como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral técnico, Jesús Oitavén e da directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, veñen de presentar esta mañá nun acto informativo a incoación como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral técnico, Jesús Oitavén e da directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, veñen de presentar esta mañá nun acto informativo a incoación como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral técnico, Jesús Oitavén e da directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, veñen de presentar esta mañá nun acto informativo a incoación como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra, constituíndo o primeiro paso para o recoñecemento do valor cultural sobranceiro deste territorio. Trátase dun paso previo imprescindible para optar á súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Román Rodríguez lembrou que a Ribeira Sacra é “o magnífico resultado” de milleiros de anos de adaptación de xeracións de persoas a un territorio singular e destacou “a oportunidade histórica” que se abre para este territorio. O titular de Cultura lembrou que, aínda que dependerá do número final de alegacións que haxa que resolver, o Goberno galego márcase a data de finais de 2018 como meta para a declaración, o que suporá acurtar un ano o prazo máximo para resolver o expediente. “Galicia ‒subliñou o conselleiro‒ porá todo da súa parte para procurar que isto sexa así, e que o sexa coas máximas garantías e no prazo de tempo máis curto posible.”

En concreto, na resolución dada hoxe ao prelo explícase que a Ribeira Sacra resulta un exemplo excepcional e sobranceiro, e que, co fin de protexer os seus valores patrimoniais, procédese ao seu recoñecemento como BIC, coa categoría de Paisaxe Cultural. Así mesmo, este recoñecemento esténdese a outros bens e manifestacións que complementan o seu sentido e valor cultural, así como á zona de amortecemento como medida de reforzo das condicións para a súa salvagarda.

Entre eses bens e manifestacións inclúense como novidade tres elementos do patrimonio inmaterial galego como son as festas de fachas e fachós de Castro Caldelas, Vilelos e Castelo; as festas do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba, o Oso de Salcedo e os Felos de Esgos; e a olaría tradicional de Gundivós e Niñodaguia.

Diálogo e desenvolvemento da incoación

Na rolda de prensa, a titular de Patrimonio, Martínez Ínsua, explicou o contido e acordos das once reunións técnicas previas á incoación, que se desenvolveron con todos os Concellos, as Deputacións de Lugo e Ourense, a Denominación de orixe, as empresas hidroeléctricas e outros colectivos interesados, así como o proceso a seguir para lograr o máximo nivel de recoñecemento e protección deste territorio dacabalo das dúas provincias orientais de Galicia. A directora cualificou estas xuntanzas de traballo como “moi proveitosas para orientar a incoación do expediente”, harmonizando a protección do legado patrimonial coa actividade económica e realidade social da zona e explicou que “as actividades vitícolas e vinícolas non estarán sometidas a autorización da Dirección Xeral.”

Martínez Ínsua concluíu a súa intervención debullando o procedemento a seguir para a declaración BIC. Explicou que desde este momento comeza un período de exposición pública de 3 meses. Posteriormente, remítese aos órganos consultivos, para que emitan o seu informe, e realízase a resolución e notificación das alegacións presentadas. Os últimos pasos son a elaboración do informe técnico da propia Dirección Xeral e a declaración do BIC por decreto da Xunta.

Réxime de protección

Pola súa banda, o secretario xeral, Jesús Oitavén, afondou no réxime xeral de protección establecido na resolución de incoación publicada hoxe, que será de aplicación provisional desde mañá até que o expediente se resolva, no prazo máximo de 24 meses.

Oitavén explicou que o conxunto de bens e manifestacións que se propón na resolución publicada hoxe como bens de interese cultural teñen unha natureza, categorías e tipoloxías diferentes que, en consecuencia, requiren dun tratamento específico. En concreto, divídense entre BICs xa declarados, novos contornos de BICs xa declarados, novos BICs, o propio BIC da Paisaxe cultural e a Zona de amortecemento.

No ámbito dos bens culturais específicos e en toda a Paisaxe Cultural, nos seus contornos e na zona de amortecemento, será de aplicación a Instrución do 8 de novembro de 2017 relativa ao trámite de autorizacións en materia de patrimonio cultural nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento.

Nos exoámbitos ‒bens exteriores ao espazo delimitado polo límite da bocarribeira‒ someterase a autorización de Patrimonio segundo o réxime establecido na Lei autonómica para os monumentos, zonas arqueolóxicas, conxunto histórico ou lugares de valor etnolóxico co que estean declarados. A suspensión de licenzas só alcanzará a aqueles exoámbitos que non foran previamente declarados.

Para os bens mobles e para as manifestacións do patrimonio inmaterial incluídos tamén na proposta de declaración, será de aplicación o réxime de protección específico recollido na devandita Lei galega. O texto íntegro da resolución pode consultarse no link: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171229/AnuncioG0164-261217-0001_gl.html. Así mesmo, creouse un apartado específico da Ribeira Sacra na web de Cultura con toda a información relativa ao tema: https://www.cultura.gal/gl/delimitacion-paisaxe-cultural.

Comparte