Nova: A capilla e o muro do cemiterio de San Amaro da Coruña reciben a autorización para as obras de mellora

27/07/2018

A capilla e o muro do cemiterio de San Amaro da Coruña reciben a autorización para as obras de mellora

O Consello Territorial de Patrimonio da provincia de A Coruña informou favorablemente a proxectos e actuacións en Cabana de Bergantiños, Cedeira, Padrón, Porto do Son, Sada, Santiago e Vimianzo

A Coruña, 27 de xullo de 2018.- O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia. Concretamente, autorizáronse a intervención na capilla e no muro do cemiterio de San Ámaro na Coruña, despois de que o Goberno Local modificase un proxecto de 2017 seguindo as indicacións de Patrimonio. Estas obras consisten na limpeza, mantemento, limpeza de pedras e recuperación do enfoscado.

Dende o Consello territorial autorizouse a celebración solicitada polo Concello de Cabana de Bergantiños do concerto de Carlos Núñez no Dolmen de Dombate, o 13 de agosto, e a rehabilitación do edificio municipal da Casa Avelino para uso de dependencias municipais proposto polo Concello de Cedeira.

Ademais, en Padrón informouse favorablemente ás obras de mantemento do camiño de Rego da Manga ao Convento de Herbón e deuse o visto bo as obras solicitadas por Portos de Galicia para levar a cabo acondicionamento do borde portuario en Porto do Son.

En Sada o Consello de Patrimonio autorizou a realización de actividades culturais no entorno de edificio protexido da Terraza Modernista do 7 de xullo ao 20 de agosto e autorizouse a instalación dunha carpa provisional na explanada traseira da Terraza do 5 ao 14 de outubro.

Finalmente, en Santiago informouse favorablemente ao proxecto de urbanización do Polígono 39, Casas do Rego e en Vimianzo autorizouse o proxecto de sinalización do conxunto de bens culturais proposto polo Concello.

 

Comparte