Nova: O Museo do Pobo Galego acolle un ciclo de conferencias sobre Said Armesto

07/10/2014

O Museo do Pobo Galego acolle un ciclo de conferencias sobre Said Armesto

Os simposios forman parte do programa que conmemora o centenario da morte de Said Armesto nas cidades de Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña

 

  • Víctor Said Armesto Víctor Said Armesto
  • O secretario xeral de Cultura participou na presentación dos simposios que acollerá o Museo do Pobo Galego os días 9, 10, 16 e 17 de outubro O secretario xeral de Cultura participou na presentación dos simposios que acollerá o Museo do Pobo Galego os días 9, 10, 16 e 17 de outubro

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na presentación dos dous simposios sobre o intelectual pontevedrés Víctor Said Armesto que se van celebrar no Museo do Pobo Galego (MPG), en Santiago de Compostela, os días 9, 10, 16 e 17 de outubro.

Ambos os simposios inclúense no programa de actividades ‘Víctor Said Armesto e o seu tempo (1871-1914)’, co que a Deputación Provincial de Pontevedra, a Fundación Barrié, o MPG e o Museo de Pontevedra conmemoran o centenario do pasamento de Said Armesto, coa colaboración da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, da Televisión de galicai e mais do Minsiterio de Educación, Cultura e Deporte.

O programa conmemorativo, que inclúe relatorios sobre o contexto político no que viviu Said Armesto, sobre a súa ideoloxía, a etnografía do seu tempo e o seu labor no ámbito musical, comezou o pasado mes de setembro na cidade de Pontevedra e en outubro terá lugar na capital de Galicia. O vindeiro mes de novembro, o programa rematará na Fundación Barrié da Coruña os días 13, 14 e 15.

O labor cultural de Said Armesto
Os dous simposios que para poder tratar diversos aspectos da actividade cultural e vital de Víctor Said Armesto. Así, ‘Said Armesto: ideoloxía e política’ inclúe as sesións dos días 9 e 10, coordinadas por Justo Beramendi, mentres que ‘Said Armesto: música e etnografía’ é o título das sesións do 16 e 17, coordinadas por Carlos Villanueva e por Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego.

Tamén participaron na rolda de prensa o presidente do Padroado do MPG, Justo Beramendi; Carlos Villanueva e X.M. González Reboredo, relator no simposio de etnografía.

Xornalista, literato, filósofo e grande orador, Víctor Said Armesto (Pontevedra, 1871- Madrid, 1914) foi o primeiro catedrático de Literatura galego-portuguesa na universidade española. Precursor dos movementos galeguistas nas primeiras décadas do século XX, foi elixido entre os primeiros intelectuais que formaron parte da Real Academia Galega.

Co obxectivo de afondar no coñecemento e divulgación da súa vida e obra, a Consellería de Cultura e Educación colabora coas principais iniciativas que conmemoran este ano o centenario do seu pasamento, entre as que destacan, ademais destas xornadas, a publicación Víctor said Armesto. una vida de romance, do profesor Carlos Villanueva, coeditada pola Xunta de Galicia e o Consorcio de Santiago de Compostela.

Comparte