Nova: Claustro de estrelas Michelín no II Curso Superior de Sumiller

13/10/2014

Claustro de estrelas Michelín no II Curso Superior de Sumiller

Dirixido por Xoán Cannas, Nariz de Ouro no 2004, o claustro de profesores contou co sumiller de ‘El Celler de Can Roca’ e de ‘El Bulli’, referencias da gastronomía galega como Pepe Solla, ou distribuidores como Quim Vila

  • Instituto Galego do Viño Instituto Galego do Viño
  • O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da segunda edición do Curso Superior de Sumiller Profesional O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da segunda edición do Curso Superior de Sumiller Profesional

Santiago de Compostela,13 de outubro de 2014.- Tralo éxito do ano pasado, a Cidade da Cultura volve acoller a II Curso Superior de Sumiller, nunha edición que apostou pola proxección nacional e internacional, converténdose nunha referencia de calidade na formación de sumilleres profesionais e na difusión da cultura do viño galego. Precisamente, están presentes no claustro de profesores nesta edición 2014-2015, ademais de Xoán Cannas, Nariz de Ouro no 2004 e director deste curso; Josep Roca, sumiller e copropietario de El Celler de Can Roca (tres estrelas Michelin); Ferrán Centelles, sumiller de El Bulli (tres estrelas Michelin); César Cánovas, mellor sumiller de España en 2006 e un dos dez mellores do mundo; Pepe Solla, dono e xefe de cociña de Casa Solla (unha estrela Michelin) e unha das referencias da gastronomía galega e do Grupo Nove; ou Michael Wöhr, un dos maiores coñecedores dos viños alemáns en España.

Xunto a eles, tamen participaron grandes profesionais do sector vitivinícola como Quim Vila, propietario de Vila Viniteca, unha das mellores distribuidoras de viño de alta gama en Europa; Joan Gómez Pallarés, catedrático e vicerrector de Investigación da Universidade Autonóma de Barcelona e autor do blog De Vinis; ou Víctor de la Serna, adxunto á dirección do xornal El Mundo, dúas veces Premio Nacional de Gastronomía e adegueiro de ‘Finca Sandoval’.

O otitular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da segunda edición, organizado polo Instituto Galego do Viño. No acto tamén estiveron presentes a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora-xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa; ademais do presidente da Real Academia de Gastronomía de España, Rafael Ansón, que fixo a ponencia inaugural, tras a cal se entregaron os diplomas aos titulados do pasado curso.

O conselleiro de Cultura e Educación subliñou na súa intervención que “Galicia ten unha grande tradición asociada á cultura do viño, parte da nosa identidade como comunidade e como pobo”. Ademais, engadiu Vázquez Abad, “os sumilleres son a auténtica vía de comunicación entre os produtores e os consumidores, por iso é importante que reciban unha formación especializada e integral, que fixo que nesta segunda edición do curso a demanda superase á oferta”

O titular de Cultura e Educación rematou o seu discurso gabando ao Instituto Galego do Viño e ao alumnado formado en Galicia porque “constitúen unha parte fundamental da nosa cultura e consolidación da imaxe de Galicia polo mundo”.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que tamén participou na apertura do curso, destacou que iniciativas coma esta son fundamentais para avanzar na profesionalización dun sector que é punteiro na economía galega. Nava Castro afirmou que o viño forma parte da nosa cultura, parte da nosa esencia e polo tanto parte de aquilo que temos que compartir como destino turístico.

A directora de Turismo de Galicia explicou que existe una maridaxe perfecta entre o turismo e a enoloxía e é por iso polo que desde Turismo de Galicia, a través da segunda liña estratéxica do Plan Integral de Turismo, trabállase no fortalecemento e dinamización das adegas e viticultores das Rutas do Viño de Galicia, das cales dixo “conforman un referente en canto á enogastronomía de calidade”.

Así mesmo, Nava Castro destacou que a produción de viño en Galicia está avalada por Cinco Denominacións de Orixe vitivinícola -Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra e O Ribeiro- e afirmou que “isto supón un importante elemento de competitividade no espazo turístico”.

Información especializada

O curso ofreceu unha información especializada desde unha perspectiva integral, abordando tanto fundamentos de viticultura, enoloxía e cata como técnicas de márketing e protocolo. Do mesmo xeito, afondouse nos retos vinculados á internacionalización do sector, a través da procura de novos mercados e da mellora dos niveis de calidade e innovación.

Ao longo do ano abordaranse módulos formativos sobre técnicas de análise sensorial, variedades de uva, xeografía vitivinícola, enoturismo, marketing estratéxico, xestión de bodegas, servizos de sala, habilidades comunicativas e mesmo un módulo sobre outros produtos de sobremesa.
 
Comparte