Nova: Conmemoración do centenario do nacemento do Nobel Camilo José Cela

16/10/2014

Conmemoración do centenario do nacemento do Nobel Camilo José Cela

O evento está organizado pola Biblioteca Nacional e a Cátedra de Estudios Hispánicos da Universidade que leva o nome do Nobel, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela

  • Camilo José Cela O Nobel Camilo José Cela

Madrid, 16 de outubro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu esta tarde en Madrid ao acto de conmemoración do centenario do nacemento do escritor galego e premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela.

O evento estaba organizado pola Biblioteca Nacional e a Cátedra de Estudios Hispánicos da Universidade que leva o seu nome, e tamén conta coa colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

No acto –no que tamén interveu Marina Castaño- o catedrático de Historia e Literatura española da Universitat de Barcelona e director da Cátedra Camilo José Cela, Adolfo Sotelo Vázquez, fixo un percorrido pola vida do escritor de Iria Flavia a través dos libros de memorias e doutros materiais como prólogos, epistolarios, entrevistas ou conferencias que forman parte do legado de Cela.
 

Comparte