Nova: As IV Xornadas de Literatura e Ensino abordan o papel das mulleres nas letras
18/10/2014
As IV Xornadas de Literatura e Ensino abordan o papel das mulleres nas letras
Santiago, 18 de outubro de 2014.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou esta mañá a nova edición das Xornadas de Literatura e Ensino, promovidas pola Asociación Pedagóxica Galega co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que se desenvolven ao longo do día no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.