Nova: O Arquivo Histórico de Ourense exhibe nunha mostra documentos orixinais do Padre Feijoo

21/10/2014

O Arquivo Histórico de Ourense exhibe nunha mostra documentos orixinais do Padre Feijoo

Xunto con imaxes procedentes doutros xestionados pola Xunta, achegan á figura e á obra do monxe bieito

  • Padre Feijoo Padre Feijoo
  • O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou hoxe a exposición no Arquivo Histórico Provincial de Ourense “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, dedicada a este ilustre pensador con motivo do 250 aniversario do seu pasamento. O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou hoxe a exposición no Arquivo Histórico Provincial de Ourense “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, dedicada a este ilustre pensador con motivo do 250 aniversario do seu pasamento.
  • O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou hoxe a exposición no Arquivo Histórico Provincial de Ourense “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, dedicada a este ilustre pensador con motivo do 250 aniversario do seu pasamento. O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou hoxe a exposición no Arquivo Histórico Provincial de Ourense “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, dedicada a este ilustre pensador con motivo do 250 aniversario do seu pasamento.

Ourense, 21 de outubro de 2014.- O Arquivo Histórico Provincial de Ourense inaugurou hoxe a mostra “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, dedicada a este ilustre pensador con motivo do 250 aniversario do seu pasamento. Na exposicón atópanse documentos orixinais procedentes do devandito arquivo, así como imaxes doutros fondos xestionados pola Xunta de Galicia, que achegan a figura e a obra de Benito Jerónimo Feijoo, ademais das distintas homenaxes que se lle renderon en Ourense durante os séculos XIX e XX. Con esta exhibición o Arquivo ourensán súmase aos actos conmemorativos no que distintas institucións lle renden homenaxe este ano ao frade co obxectivo de lembrar a importancia da súa figura no panorama intelectual español do século XVIII e do seu legado ás xeracións posteriores. A mostra poderá visitarse ata o 5 de Decembro en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Loreanzo, asistiu á inauguración. Vázquez Abad sinalou na súa intervención que as características humanas do Padre Feijoo son “as de un galego tipo, un polígrafo que, nos seus momentos máis íntimos, deixounos en lingua galega algúns versos como proba manifesta da súa galeguidade”. Deste xeito, engadiu o titular de Cultura e Educación, “podemos afirmar que na España do seu tempo, non hai un exemplo de máis intensa axitación intelectual que a xerada por este sabio, que loitou contra os prexuízos, as supersticións, así como os convencionalismos do seu tempo e do seu pobo”.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, rematou reiterando “o compromiso adquirido con este tributo ao Padre Feijoo, co obxectivo de lembrar a importancia da súa figura no século XVIIII, así como contextualizar o seu legado para as xeracións posteriores”.

Feijoo durante o seu tempo
O percorrido pola mostra iníciase con documentos relativos a algúns dos seus espazos vitais, como un gravado da casa natal de Casdemiro, localidade situada no concello de O Pereiro de Aguiar da que se mostra o “Interrogatorio do Catastro de Ensenada”. A parte relacionada coa súa obra ensaística está representada por edicións do século XVIII do “Teatro Crítico Universal” e das “Cartas Eruditas y curiosas”, a súa obra básica por excelencia. Ambas as dúas publicacións consérvanse na biblioteca deste Arquivo e serven para introducir ao visitante nas liñas principais do seu pensamento.

Na mostra ocupan un lugar destacado os actos de homenaxe que se organizaron na cidade de Ourense durante os séculos XIX e XX para render tributo á figura de Feijoo e para reivindicar a importante contribución das súas ideas ao pensamento hispano. Neste apartado pódense contemplar documentos inéditos relacionados co certame literario convocado no ano 1876 para conmemorar o bicentenario do seu nacemento. Tamén se pode ver un bosquexo presentado ao concurso de ideas para erixir a estatua inaugurada en 1887 e o programa dos festexos cos que se quixo solemnizar aquel evento.

Para rematar, a exposición céntrase nun aspecto inédito como son as conmemoracións que se lle dedican no século XX, e que están representadas por varias cartas orixinais de Gregorio Marañón relativas ao Padre Feijoo e unha fotografía da conferencia que pronunciou sobre a figura do homenaxeado en 1936, no Ateneo de Ourense. Acompañan a estes documentos varias publicacións sobre a vida e a obra do sabio de Casdemiro que viron a luz durante esta época, como o clásico “El Padre Feijoo, su vida, doctrina e influencias” de Otero Pedrayo, editado en 1972 polo Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.

Comparte