Nova: Rafael Moneo, académico de honra da Real Academia de Belas Artes
25/10/2014
Rafael Moneo, académico de honra da Real Academia de Belas Artes
A Coruña, 25 de outubro de 2015.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá á sesión extraordinaria pública para a recepción de Rafael Moneo como académico de honra na Real Academia de Belas Artes.
Rafael Moneo Vallés é un dos representantes máis destacados da arquitectura española contemporánea. Naceu en Tudela, Navarra, o 9 de maio de 1937. Cursou os seus estudos na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e colaborou en varios proxectos con Francisco Javier Sáenz de Oiza. Cando obtivo o título de arquitecto, traballou con Jorn Utzon en Hellebaek (Dinamarca), é autor do famoso edificio da Ópera de Sydney.
Entre os premios que posúe están o Nacional de Arquitectura, o FAD, a Medalla de Ouro da UIA, o Pritzker, o Premio de Arquitectura Contemporánea da UE, a Medalla de Ouro do RIBA, a Medalla de Ouro da Arquitectura e o Príncipe de Asturias.