Nova: Representación de Carmiña flor de Galicia, co gallo do oitenta e sete aniversario da súa exhibición en Ourense

07/11/2014

Representación de Carmiña flor de Galicia, co gallo do oitenta e sete aniversario da súa exhibición en Ourense

Esta fita data do ano 1926 e foi dirixida polo italiano Rino Lupo

A primeira nova da proxección en Ourense do fime atopámola nun anuncio do Teatro Principal publicado no xornal ‘La Región’, do sábado 17 de decembro de 1927
 

  • Carmiña, flor de Galicia Carmiña, flor de Galicia

Ourense, 7 de outubro de 2014.- O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, presenciou o filme Carmiña flor de Galicia, a cargo do coro da coral Ruada, co gallo do oitenta e sete aniversario da devandita exhibición en Ourense. Este acto conta coa colaboración da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do CGAI (Axencia Galega das Industrias Culturais), do Teatro Principal, da Deputación, do Concello, do Conservatorio, do Cine Clube Padre Feijoo, do Día de Nós, de Bela Auria, de Ourense no Tempo e de todos os coralistas.

Esta fita muda data do ano 1926 e foi dirixido polo realizador italiano Rino Lupo, que se atopaba en Portugal cando foi requerido pola productora Hispania Film Lda. de Madrid para realizar este proxecto baseado nun guión elaborado polo crego e polifacético escritor ourensán Antonio Rey Soto. Rodouse por varios lugares da provincias de Pontevedra (Vigo, Vilasobroso, A Lamosa, Mondariz-Balneario, Redondela -finca La Chicharra-, Rande), e Ourense ( Ribadavia, Vilanova dos Infantes) e en varias localizacións portuguesas, coma o Castelo da Feira (Santa María de Feira, Aveiro), Quinta da Paradela (Ramalde, Porto) e estudios Invicta (Porto). A primeira nova da proxección en Ourense de Carmiña, flor de Galicia, atopámola nun anuncio do Teatro Principal publicado no xornal ‘La Región’, do sábado 17 de decembro de 1927.

Comparte