Nova: A visión particular do artista Piquico, nunha mostra en Vigo

08/11/2014

A visión particular do artista Piquico, nunha mostra en Vigo

O pintor vigués amosa un total de 13 óleos sobre lenzo e táboa na planta baixa do edificio administrativo da Xunta

  • Óleos sobre lenzo e táboa Óleos sobre lenzo e táboa
  • Óleos sobre lenzo e táboa Óleos sobre lenzo e táboa

Vigo, 08 de novembro de 2014.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle ata o 25 de setembro a exposición “Ignis Fatuum” do pintor vigués Piquico. Trátase dunha compilación de 13 obras pictóricas, concretamente de óleos sobre lenzo e táboas onde o artista amosa unha visión moi particular. A mostra está situada na planta baixa do edificio administrativo da Xunta en Vigo e xa se pode visitar en horario de apertura ao público, é dicir, durante de luns a venres de 9,00 a 19,00 horas, e os sábados de 9,00 a 14,00 horas.

Esta exposición súmase así ás múltiples mostras de artistas, asociacións e colectivos culturais que xa se realizaron na planta baixa do edificio abrindo o edificio administrativo á participación de artistas e colectivos ofrecendo o seu espazo expositivo a todos aqueles que estean interesados en amosar as súas obras.

Piquico
Piquico, Ángel Manuel Rodríguez Romero, é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e conta cunha importante traxectoria artística. Comezou a expoñer no ano 1988 en Madrid. A partires de aí, amosou as súas obras en diferentes puntos de Galicia e tamén de España. A súa última exposición tivo lugar no ano 2009 no Multiusos de Redondela. Ademais, no seu curriculum conta tamén con varios premios e mencións ademais de ter no seu haber varias publicacións e obras en espazos públicos.

 

Comparte