Nova: Elías Portela gaña o XII Premio de Poesía Afundación coa obra Bazar de traidores

25/11/2014

Elías Portela gaña o XII Premio de Poesía Afundación coa obra Bazar de traidores

Nado en Cangas do Morrazo en 1981 é poeta e tradutor en galego, español e islandés, lingua na que publica baixo o pseudónimo de Elías Knörr

  • Elías Portela, gañador do XII Premio de Poesía Afundación Elías Portela, gañador do XII Premio de Poesía Afundación
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na rolda de prensa na que se deu a coñecer a obra gañadora do XII Premio de Poesía Afundación O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na rolda de prensa na que se deu a coñecer a obra gañadora do XII Premio de Poesía Afundación

Ourense, 25 de novembro de 2014.- Elías Portela, escritor de Cangas do Morrazo (Pontevedra) afincado en Islandia, gañou a XII Premio Afundación de Poesía polo seu traballo Bazar de traidores, presentado baixo o lema 'Vaca insepulta'.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na rolda de prensa na que se deu a coñecer a obra gañadora do premio que, nesta edición,contou como xurado a Luís González Tosar, Óscar Xabier Castro Martínez, Bieito Iglesias Araúxo, Francisco Pérez Lorenzo e María Dolores Villanueva Gesteira, que valororon a innovación das imaxes e da estrutura da obra, a mestura dos rexistros culto e popular e a capacidade da crítica vitalista acompañada dun notable sentido do humor.

Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981) é un poeta e tradutor en galego, español e islandés, lingua na que publica baixo o pseudónimo de Elías Knörr.  En 2009 publica Imaxes na pel na editorial Morgante. En 2010 sale á luz o seu segundo libro en galego Cos peitos desenchufados en Edicións Barbantesa e recibe o premio Xohán de Cangas á Creación Literaria 2010.

O premio
O galardón comezou a andar no ano 2002 a instancias do Pen Club de Galicia e da Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas ou Yolanda Castaño, que foi o gañador da anterior convocatoria.

O premio implica a publicación do libro na colección 'Arte de Trobar'' e unha dotación económica de 6.000 euros. A presente edición, a duodécima, conta co apoio e a participación da Xunta, a implicación da cal no proxecto garante a estabilidade do premio e contribúe a preservar esta cita de referencia na axenda cultural galega ao tempo que estimula a creación literaria.

Comparte