Nova: Rematan as obras de acondicionamento e mellora do Teatro Coliseo Noela

28/11/2014

Rematan as obras de acondicionamento e mellora do Teatro Coliseo Noela

Cultura inviste máis de 270.000 euros no traballos de recuperación e posta en valor deste espazo cultural de referencia

  • Teatro Coliseo Noela Teatro Coliseo Noela
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta tarde o Teatro Coliseo Noela con motivo do remate das obras promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta tarde o Teatro Coliseo Noela con motivo do remate das obras promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta tarde o Teatro Coliseo Noela con motivo do remate das obras promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta tarde o Teatro Coliseo Noela con motivo do remate das obras promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Noia (A Coruña), 28 de novembro de 2014.- Con motivo do remate das obras  no Teatro Coliseo Noela, promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o secretario xeral de Cultural, Anxo Lorenzo, visitou a fin destes traballos para a recuperación e o acondicionamento deste espazo cultural de referencia no concello coruñés.

Durante o percorrido polas instalacións, Anxo Lorenzo comprobou os traballos levados a cabo para acondicionar o inmoble e, deste xeito, garantir as condicións necesarias para o desenvolvemento dunha programación cultural de calidade.

Recepción da obra
Finalizadas as obras, nas que Cultura e Educación investiu máis de 270.000 euros, o Teatro Coliseo Noela poderá recuperar a súa actividade cultural a partir do próximo día 9 de decembro, data na que a Consellería recepcionará a obra.

Co fin de acondicionar o teatro realizáronse melloras na cuberta, estucos, falsos teitos, pinturas e carpintería de madeira. Tamén se levaron a cabo obras de acondicionamento esixidas pola entrada en vigor do Código Técnico da Edificación en 2007 e que son de aplicación a edificios de uso público tales como as de instalación dun ascensor e una plataforma de elevación salvaescaleiras para dotar de accesibilidade a todas as dependencias do edificio.

O Teatro Coliseo Noela, inaugurado en 1921, atópase nun contorno urbano, na rúa do Curro, preto da igrexa de San Martiño na vila de Noia. Trátase dunha construción da segunda década do século XX, de estilo modernista. O edificio está formado por dous corpos, con cinco arcos na parte inferior que se corresponden con ocos na parte superior. No centro da fachada sobresaen elementos verticais xeométricos de carácter ornamental. A planta do edificio é rectangular cunha escaleira oval no seu interior.

Actividade cultural
No seu comezo dedicaba a súa actividade a zarzuelas, teatro, conferencias e concertos ata o ano 1966, cando foi destinado exclusivamente a espectáculos de cine ata 1986. O edificio Teatro Coliseo Noela volveu abrir as súas portas o 23 de xullo de 1999. Cunha capacidade de 342 localidades, na actualidade dedícase a espectáculos de teatro, concertos, cine, congresos, música e danza.

Comparte