Nova: A Xunta participa activamente na reunión preparatoria do Real Padroado de Santiago

23/07/2021
A Xunta participa activamente na reunión preparatoria do Real Padroado de Santiago
O tema fundamental foi a programación estratéxica, que se presentará na devandita xuntanza o domingo
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou esta tarde como vicepresidente no Consorcio de Santiago, que celebrou a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración, xuntanzas preparatorias para a convocatoria do Real Padroado de Santiago.
A sesión centrouse, fundamentalmente, en dar conta da programación estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago 2021-2027-2032, que se presentará ante o Real Padroado este domingo, 25 de xullo, no Hostal dos Reis Católicos. Así mesmo, aprobáronse as contas xerais do organismo correspondentes a 2020 e a proposta de orzamento para a confección dos Presupostos Xerais do Estado 2022.
Por outra banda, abordouse o Plan Director da Alameda compostelá, catalogado como Xardín Histórico, e o Plan Especial de Protección e Rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo, así como outros asuntos de trámite administrativo.