Nova: Román Rodríguez agarda que a conmemoración de Laxeiro en 2022 lle dea a proxección que merece

10/09/2021

Román Rodríguez agarda que a conmemoración de Laxeiro en 2022 lle dea a proxección que merece

O conselleiro de Cultura participou na inauguración da XV Bienal Laxeiro, cunha mostra de obras do autor así como de obxectos cedidos pola veciñanza

Lalín (Pontevedra), 10 de setembro de 2021.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, lembrou hoxe que a Xunta de Galicia porá en marcha en 2022unha programación cultural específica para homenaxear ao pintor José Otero Abeledo, Laxeiro, con motivo do 25 aniversario do seu pasamento. Así o expresou esta tarde con motivo da apertura da XV Bienal Internacional Pintor Laxeiro, nun acto no que participou xunto co alcalde de Lalín, José Crespo, e o secretario xeral da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez.

Román Rodríguez expresou que esta Bienal supón “a primeira pedra do que será un ano enteiro de celebración da xenialidade de Laxeiro para que o seu legado goce da proxección que se merece”, coincidindo coa súa homenaxe no Día das Artes Galegas.

A mostra, impulsada polo Concello de Lalín, pode verse desde hoxe no museo municipal Ramón María Aller, que acolle unha escolma de 65 obras do artista así como unha serie de obxectos cedidos pola veciñanza.

 

Comparte