Nova: Exposición sobre a figura do poeta obreiro Manuel Rodríguez López

28/01/2015

Exposición sobre a figura do poeta obreiro Manuel Rodríguez López

O Ateneo de Ourense acolle a mostra que repasa a traxectoria poética do que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX

Cultura financia e promove diversas iniciativas co fin de renderlle un tributo acorde á transcendencia da obra do que foi un dos promotores da RAG e que destacou en múltiples facetas como folclorista, filólogo, filósofo, literato e pensador político

  • Exposición sobre o considerado poeta obreiro Manuel Rodríguez López

Ourense, 28 de xaneiro de 2015.- O Ateneo de Ourense acolle a exposición coa que se lle rende homenaxe a Manuel Rodríguez López no Ateneo de Ourense, que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX. A mostra, que se enmarca nas actividades do proxecto que leva o nome do escritor, está promovida por Galicia Dixital e a familia do escritor co apoio da Consellería de Cultura e Educación, do Concello de Paradela, ademais da Deputación e o Concello de Lugo, a Real Academia Galega e, nesta ocasión, do centro ourensán, onde a exposición está a dispor do público ata o 31 de xaneiro.

O Goberno galego, a través do departamento de Cultura e Educación, apoia e promove diversas iniciativas para conmemorar esta efeméride e, deste xeito, renderlle un tributo ao que o conselleiro definiu como “un intelectual que viviu con orgullo o sentimento de pertenza á cultura galega, á que enriqueceu con achegas moi valiosas”. Xesús Vázquez Abad destacou tamén a traxectoria dun home que “obrigado de neno a iniciar o camiño da emigración, atopou nese tránsito forzado conciencia, saberes e pensamentos audaces, pero que nunca abandonaría a mirada transparente do neno nado en Paradela”.

O proxecto Manuel Rodríguez López, iniciado hai tres anos, está conformado por unha páxina web en galego, catalán, castelán e inglés, diversas publicacións e actividades, ademais desta mostra itinerante que xa percorreu parte da xeografía galega e o Centro Galego de Barcelona. Con el preténdese difundir a vida e obra do autor de Paradela, que con moi poucos anos emigrou a Cataluña converténdose no poeta en lingua galega que difundiu o labor dos seus paisanos na comunidade onde emigraron, constituíndo a ponte entre Galicia e Cataluña e chegando a ser considerado o máis senlleiro da literatura galega do século XX.

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitiou esta tardea exposición, nun acto tamén participaron o secretario xeral de política lingüística, Valentín García; o alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato; ademais da viúva do escritor, Irene López, o director de Galicia Dixital, Antonio Giz e a presidenta do Ateneo, Isabel Salgado.

Comparte