Nova: O fotógrafo Manuel Valcárcel percorre catro continentes na nova exposición do 70 aniversario do Museo das Peregrinacións
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
02/12/2021
O fotógrafo Manuel Valcárcel percorre catro continentes na nova exposición do 70 aniversario do Museo das Peregrinacións
Román Rodríguez refírese ao talento do autor e á súa capacidade “de evocar a través das súas vivencias unha viaxe espiritual que encaixa co significado do Camiño”
A mostra organízase a modo de peregrinación interior por catro continentes retratando a realidade de lugares como o Tibet, Senegal, México ou Galicia
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, inaugurou hoxe a exposición Destino, unha peregrinación de Manuel Valcárcel no marco do 70 aniversario do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
A mostra conta coa mirada espiritual do fotógrafo monfortino a través de máis de 100 imaxes sobre a súa experiencia en distintas viaxes realizadas desde o Tibet a Galicia. “Valcárcel é quen de transformar estas viaxes físicas en verdadeiras viaxes espirituais, unha peregrinación que encaixa perfectamente co significado do Camiño de Santiago”, expresou o conselleiro.
Destino é un proxecto persoal do fotógrafo monfortino que comezou no ano 2016 a modo de peregrinación interior por catro continentes que van unindo historias ligadas entre si. As fotografías retratan as súas viaxes no Tibet, en Senegal, e en México. Complétase coas súas dúas últimas viaxes a La Casa de los Dioses, en León e a distintas localidades galegas.
“Coa celebración este ano e o próximo do Xacobeo, peregrinar cobra este dobre significado de desprazamento e introspección, algo que retrata á perfección Valcárcel nesta imprescindible mostra”, engadiu o conselleiro de Cultura. Román Rodríguez salientou que esta exposición que enmárcase no 70 aniversario do Museo das Peregrinacións e de Santiago conmemorado ao longo deste ano.
Ano repleto de conmemoracións
Neste sentido, referiuse á intensa actividade que está a intensificar a proximidade co público do museo, “referente na proxección e visibilización da cultura xacobea a través tanto de exposicións, como de concertos, conferencias, obradoiros celebrados nos últimos meses ás que se suman exposicións como a que vén de inaugurarse, que poderá visitarse ata o 1 de maio.