Nova: Xornada informativa sobre as axudas europeas a proxectos audiovisuais

24/02/2015

Xornada informativa sobre as axudas europeas a proxectos audiovisuais

O director da Oficina MEDIA España achegoulles ao profesionais do sector as claves da modalidade ‘Single Project Funding’ desta liña de apoio do Programa Europa Creativa, para a que se mantén aberto o prazo de solicitude ata o 16 de abril

Na presentación da xornada, coa que se abre unha nova edición do ciclo formativo Galicia ProFilme, anunciouse a publicación o vindeiro luns da convocatoria das subvencións aos traballos de preprodución

  • Xornada informativa sobre axudas europeas a proxectos audiovisuais Xornada informativa sobre axudas europeas a proxectos audiovisuais
  • Unha trintena de profesionais do audiovisual galego asistiu esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia á xornada informativa sobre as axudas europeas MEDIA ao desenvolvemento de proxectos, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) Unha trintena de profesionais do audiovisual galego asistiu esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia á xornada informativa sobre as axudas europeas MEDIA ao desenvolvemento de proxectos, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Santiago, 24 de febreiro de 2015.- Unha trintena de profesionais do audiovisual galego asistiu esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia á xornada informativa sobre as axudas europeas MEDIA ao desenvolvemento de proxectos, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como parte do seu programa de formación continua Galicia ProFilme.

A sesión correu a cargo do director da Oficina MEDIA España, Peter Andermatt, quen o pasado mes de novembro xa lles ofrecera aos responsables de diferentes produtoras independentes galegas unha panorámica do subprograma MEDIA como apartado de Europa Creativa, programa que agrupará ata 2020 as subvencións europeas para todo o ámbito cultural. Desta volta, o encontro centrouse na modalidade ‘Single Project Funding’, para a que o prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 16 de abril.

Ademais de dotar os proxectos subvencionados dunha importante fonte de financiamento na súa fase inicial, a obtención destas axudas supón un selo de calidade que pode resultar decisivo na súa traxectoria internacional. Neste sentido, durante a sesión incidiuse na relevancia desta convocatoria, detallando o seu funcionamento e as súas bases legais e achegándolles aos asistentes as estratexias máis axeitadas para presentar as propostas e as claves que manexan os especialistas encargados de realizar a selección.

Subvencións da Xunta
O director da Agadic, Jacobo Sutil, foi o encargado de presentar esta nova sesión informativa, coa que se abre unha nova edición anual de Galicia ProFilme. Durante a súa intervención, anunciou que o vindeiro luns 2 de marzo publicaranse no Diario Oficial de Galicia as bases das subvencións que a Axencia Galega das Industrias Culturais destina tamén ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais co obxectivo de dar cobertura a unha serie de operacións previas ao proceso de produción cinematográfica e televisiva.

Esta convocatoria, por un importe total de 185.000 euros, foi unha das tres liñas de apoio ás industrias culturais aprobadas o pasado venres na primeira reunión do Consello Reitor da Agadic presidida por Román Rodríguez tras a súa toma de posesión como conselleiro de Cultura e Educación.

Comparte