Nova: A festival MindoMúsica suma espectáculos de danza, performance e videocreación na súa IV edición que arranca en xullo en Mondoñedo co apoio da Xunta
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
27/06/2022
A festival MindoMúsica suma espectáculos de danza, performance e videocreación na súa IV edición que arranca en xullo en Mondoñedo co apoio da Xunta
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reúnense coa directora do certame, Rebeca Maseda
É unha das propostas que apoia o Goberno galego para estender as iniciativas culturais de calidade nos eidos rurais, neste caso cunha proposta de música antiga
Do 3 ao 10 de xullo celebraranse actividades en lugares como a Catedral, o Auditorio Municipal, a Casa dos Cóengos ou a residencia e o centro de día e asistencial
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022
O Festival Mindomúsica arranca o vindeiro 3 de xullo en Mondoñedo a súa IV edición coa incorporación doutras artes, con espectáculos nos que a música dialogará con outras disciplinas como a danza, a performance ou a videocreación. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuníronse coa directora deste certame, Rebeca Maseda, que conta co apoio da Xunta para ultimar os detalles.